Formación para poñer palabras á equidade de xénero

Como parte da liña de traballo arredor dos dilemas morais, neste curso 2002 2023 do proxecto de “Escolas sen Racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento”, ACPP Galicia organizou obradoiros sobre equidade de xénero, un concepto que transcende o da igualdade ao introducir un compoñente ético ao buscar compensar a desigualdade histórica que o xénero feminino e os non hetero-normativos arrastran en canto a representación política ou mercado laboral, entre outras.

O obxectivo das formacións foi dar un achegamento teórico a conceptos básicos arredor da diversidade e equidade de xénero, así como ampliar o vocabulario para acadar equilibro e precisión no uso de termos como xénero e identidades de xénero, sexo, dereitos, equidade, orientación sexual, estética, violencias de xénero, masculinidade tóxica e reasignación xenital das persoas trans.
En concreto, os obradoiros impartíronos persoal da Libraría feminista compostelá Lila de Lilith nos centros IES Chano Piñeiro, CEIP Apóstolo Santiago, IES Milladoiro e IES San Xulián Magariños.

Este proxecto realízase grazas ao apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.