Aprender a consumir por un mundo mellor

ACPP Galicia en colaboración coa Ongd Solidariedade Internacional de Galicia conmemorou o Día Mundial do Comercio Xusto coa organización de xornadas de comercio xusto nos IES Antón Losada da Estrada e IES Xulián de Magariños de Negreira e reivindicando así outras formas de facer economía, respectuosas cos dereitos das persoas e co medio ambiente.

O principal obxectivo destas xornadas foi dar a coñecer que existe unha alternativa de comercio que promove unhas relacións Norte-Sur baseadas na equidade e o respecto mutuo, que defende os dereitos laborais e ofrece produtos que garanten un desenvolvemento social, económico e medioambiental sostible. Consecuentemente, buscouse converter á rapazada en axente de desenvolvemento en cada momento que elixe consumir produtos con garantía de xustiza, solidaria e ecolóxica.

Estas xornadas enmarcáronse no proxecto “Escolas sen Racismo, Escolas para Paz e o Desenvolvemento” e están en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible recollidos na Axenda 2030, en concreto, co ODS12 “Produción e consumo responsables”.

 Este proxecto realízase grazas ao apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.