A metodoloxía do proxecto, a estudo

ACPP Galicia vén de publicar o informe de investigación sobre o curso académico 2022-2023 do “Escolas sen Racismo, Escolas para Paz e o Desenvolvemento” do que se desprende que a metodoloxía empregada no proceso de traballo é a idónea e polo tanto, permite acadar os fins educativos previstos, orientados a apelar á responsabilidade individual no desenvolvemento humano e na respecto aos dereitos humanos.

O informe adquire unha especial relevancia ao avaliar tamén a pertinencia do uso do test de tolerancia durante o proceso de traballo. O test é unha ferramenta innovadora que se empregou por primeira vez este curso en Galicia e que permitiu realizar unha avaliación previa dos diferentes grupos e en función dos resultados, a adaptación a cada un deles das actividades e obradoiros a desenvolver. Despois de realizar as intervencións educativas, realizouse de novo o test de tolerancia para valorar o grao de impacto das intervencións co alumnado. 

Do informe de investigación despréndense outras ideas forza, como a pertinencia de traballar estas cuestións desde o plano emocional en lugar do plano racional, a necesidade de crear e activar espazos para o diálogo e a expresión das ideas propias, así como a constatación da relación que existe entre actitudes e discursos intolerantes coa reprodución dos patróns asociados á masculinidade heteronormativa tradicional.

Este proxecto conta co apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.