O Manifesto de ESR, EPD recolle a esencia de todo aquilo ao que se compromete o centro educativo.

Esta actividade pode ser o punto de partida para comezar a ser unha ESR, EPD, a maneira de dar a coñecer os principios e contidos do programa no centro e de comprometerse cos mesmos. Do mesmo xeito, pode traballarse a final de curso, como peche tras a realización de todas as actividades do programa para facer patente todo o aprendido e visibilizar o compromiso do centro. O compromiso co manifesto estimulará unha educación crítica e transformadora e a implicación activa no desenvolvemento dunha Escola sen Racismo, Escola para a Paz e o Desenvolvemento.

O manifesto é, por tanto, unha ferramenta de visibilidade e pertenza á Rede ESR, EPD, ademais dunha maneira de facer patente o compromiso da comunidade educativa cos principios do programa.

 

 

MANIFIESTO

Nós, alumnado, profesorado e representantes das asociacións de nais e pais dicimos ”SI”! a unha escola plural, libre, crítica e participativa, baseada nos valores democráticos e de responsabilidade cos Dereitos Humanos universais, a xustiza social, a paz, o respecto á diversidade e o medio ambiente.

  • Porque todas as persoas somos diferentes mais temos os mesmos dereitos.
  • Porque calquera tipo de discriminación baseada na cor de pel, o idioma, a relixión, a orientación sexual, o xénero, a diversidade funcional, a nacionalidade ou en calquera outro aspecto é inaceptable; a discriminación crea divisións e conduce ao odio entre persoas.
  • Porque a diversidade é riqueza e forma parte da natureza do ser humano.
  • Porque a paz e o respecto aos Dereitos Humanos son requisitos imprescindibles para un desenvolvemento equitativo e sustentable.
  • Porque o sistema educativo debe promover valores comúns para o exercicio dunha cidadanía democrática nun contexto global.


Por tanto, e de acordo coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a Constitución Española de 1978, como centro educativo:

  • Rexeitamos calquera comentario, argumento ou prexuízo que discrimine a calquera ser humano e indignámonos ante as inxustizas que causan exclusión e negan os dereitos fundamentais a millóns de persoas en todo o mundo.
  • Rexeitamos a violencia e as condutas agresivas en calquera das súas formas (psicolóxica, verbal, física emocional, cultural etc.)  e a través de calquera canle (redes sociais, outros medios electrónicos etc.).


Comprometémonos a:

  • Combater calquera forma de discriminación por razón de raza, xénero, crenza relixiosa, diversidade funcional, orientación sexual ou calquera outro aspecto, tomando as medidas oportunas que garantan a convivencia plural na nosa escola, no noso barrio e na nosa sociedade.
  • Promover a convivencia e resolver os conflitos desde un enfoque participativo baseado na cultura de Paz no noso centro educativo.
  • Impulsar accións que contribúan á construción dunha sociedade xusta e equitativa para todas e todos no marco dunha cultura de paz.