Como educar para a transformación social?


Para ACPP a EDUCACIÓN é unha clave fundamental para a transformación social e un sistema educativo público, laico, igualitario e de calidade, o principal motor desa transformación. Así, expomos un enfoque integral da educación que contribúa á formación de cidadáns e cidadás comprometidas co avance cara a unha nova sociedade civil global a través da acción local.

Sabemos que para lograr que os nosos centros escolares sexan espazos seguros, inclusivos e democráticos, requírese do esforzo e da incorporación de novos plans e programas educativos de centro que contribúan á súa consecución. Neste sentido, mediante o programa ESR, EPD ofrecemos recursos e ferramentas que faciliten á comunidade educativa a adaptación ás novas normativas educativas, e que o fagan xerando pensamento crítico e procesos de reflexión conxunta para facer das súas escolas, auténticas escolas transformadoras.

Se estás interesado/a en traballar con estas ferramentas ou necesitas máis información, contacta con ACPP. Poderemos explicarche en detalle o programa Escolas sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento, os seus obxectivos e todo o material didáctico dispoñible.

Guía “¿Cómo realizar un Plan de Igualdad en mi centro?”

Guía de Convivencia y Prácticas Restaurativas

Guía de Teatro Foro: ensaiando a transformación social

Guía "¿Cómo prevenir los discursos de odio?

A experiencia de ACPP no traballo arredor dos dilemas morais para a mellora da convivencia escolar