Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento (ESR, EPD) é un programa educativo que, ademais de perseguir que non se produza ningún tipo de discriminación, busca educar na paz, na resolución de conflitos e na solidariedade desde unha perspectiva global, que inclúa a responsabilidade persoal e colectiva co desenvolvemento humano de todas as persoas e sociedades.
Desde febreiro de 1997 cando ACPP e Escolas Sen Racismo organizaron un seminario internacional en Madrid para estudar as posibilidades do desenvolvemento deste programa europeo en España, a ferramenta evolucionou significativamente. A pesar de nacer como un instrumento para loitar contra o racismo, na actualidade ESR, EPD defínese como un programa que asume a educación para o desenvolvemento e a paz de maneira transversal e permanente no currículo dos centros educativos e na metodoloxía de acción do profesorado. É por iso que hoxe o programa recibe o nome de Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento (ESR, EPD).
ESR, EPD é, por tanto, un marco de actuación e un instrumento de traballo que ofrecer ás escolas. É unha metodoloxía, unha forma de facer e entender a educación, que require a participación de toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias e persoal non docente) para alcanzar o propósito de crear unha sociedade máis xusta e solidaria.
OBXECTIVOS DO PROGRAMA
Obxectivo xeral
Obxectivos específicos
ESR, EPD E A EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL
ESR, EPD responde os obxectivos que se marca na actualidade a Educación para a Cidadanía Global como proceso de aprendizaxe social, con carácter colectivo, transformador e mobilizador. A Educación para a Cidadanía Global (ECG) é a última xeración da Educación para o Desenvolvemento, que evolucionou ao longo dos anos en función do que en cada momento se entendeu por desenvolvemento. Actualmente, a ECG pretende crear conciencia sobre a responsabilidade que todas e todos temos de promover a xustiza social e a equidade no noso mundo globalizado; e sobre a necesidade de implicarnos en accións mobilizadoras, de promover cambios nas nosas vidas e nos nosos contextos locais, se queremos facer posible esa equidade.
De acordo con esta visión transformadora, o programa ESR, EPD está deseñado para acompañar e fortalecer aos centros escolares e ás comunidades educativas que os integran, achegando recursos e materiais formativos que contribúan a consolidar o seu labor de construción dunha Cidadanía Global comprometida cos Dereitos Humanos, a Paz, a Solidariedade e a Igualdade.
Neste sentido, o programa ESR, EPD enlaza cos enfoques transversais da Educación para a Cidadanía Global.
Enfoque de xénero: ten en conta as desigualdades entre homes e mulleres e visibiliza as discriminacións que estas sofren. O enfoque facilita, a través do empoderamento, a superación das fendas, dotando as mulleres de autonomía e poder de participación e decisión e implicando tamén aos homes. |
Enfoque baseado en DDHH: favorece o fortalecemento de capacidades das persoas e comunidades para reclamar os seus dereitos, defender os dereitos de terceiros e esixir o cumprimento das súas responsabilidades aos gobernos e organizacións da sociedade civil. |
Enfoque de interculturalidade: aposta por unha convivencia entre persoas diversas mais iguais en dignidade e dereitos, que se enriquecen mutuamente respectando as súas identidades. |
Enfoque de sustentabilidade ambiental: facilita a toma de conciencia da nosa relación co medio ambiente, do que dependemos para vivir e que necesita do noso respecto, coidado e protección |
COMO SE INSIRE ESR, EPD NO CURRÍCULO ESCOLAR
Os obxectivos de ESR, EPD, están contemplados dentro de varios obxectivos xerais das etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria e Bacharelato do sistema educativo español e en tres das competencias básicas que debe desenvolver un/ha mozo/a ao finalizar o ensino obrigatorio: a competencia social e cívica, a competencia en conciencia e expresións culturais e o sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS DO PROGRAMA
Un dos sinais de identidade máis significativos de Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento é a súa metodoloxía. As características que mellor a definen son: