O pasado 5 de novembro tivemos a xuntanza de inicio do proxecto "Escolas sen Racismo" deste curso 2025-2026 co profesorado participante.
Nesta xuntanza, ademais de reatoparnos despois do verán, serviu para comentar como será esta edicción do "Escolas". O obxectivo xeral do actual ESR-EpD é o de contribuír ao fortalecemento da educación para a paz, o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia (ODS 4.7) a través do fortalecemento das actitudes e capacidades xeradoras de conciencia crítica asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social de comunidades escolares, universitarias, da base social de ACPP Galicia e sociedade civil galega (obxectivo específico).
O ESR-EpD é un programa de educación para a cultura de paz entendendo a paz nun dobre sentido: a nivel global abordando de maneira directa o concepto de paz, Dereitos Humanos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS); por outra banda, a nivel local atallando a paz dende os contextos máis próximos, en concreto, a convivencia e o botrato, especificamente nos centros escolares.
Baixo esta premisa tamén se parte dunha visión da escola como máis alá da propiamente regrada, entendendo a escola dunha maneira ampla e integral polo que o programa permea en todos os niveis e ámbitos educativos: escolar regrada, universitaria, educación non regrada e educación social ou de sensibilización social.
Para que isto sexa posíbel, o Escolas Sen Racismo proponse despregar unha intervención durante tres cursos escolares cos mesmos grupos a nivel escolar, presentando, en cada unha das convocatorias de EpDCG da DXRREEeUE, cada unha das fases consecuencialmente.
Esta proposta secuencial tamén terá un fío condutor: Coñece, pensa, actúa. Desta maneira, a intervención comezou – na convocatoria anterior - vencellada a coñecer de termos básicos na cultura de paz e indagar sobre a convivencia nas aulas e nos centros para logo ir avanzando cara motivar á reflexión e ao análise de conflitos – pensa - e, finalmente, en actúa levar a cabo propostas de cambio.
Esta proposta concrétase en ofrecer ferramentas teóricas e prácticas para potenciar o diálogo crítico, a participación e a corresponsabilidade avogando pola convivencia e a construción da paz en catro centros escolares das provincias de A Coruña e Pontevedra.
En materia de formación universitaria en cooperación para o desenvolvemento, ACPP continúa dando resposta ás necesidades manifestadas polo alumnado universitario galego co obxectivo de contribuír á profesionalización e fortalecemento do sector da cooperación para o desenvolvemento.
Nesta proposta intensifícase o traballo contando coa base social de ACPP e organizacións sociais locais ademais de reforzar o traballo en rede e a presenza de ACPP en espazos e ámbitos estratéxicos a favor da cultura de paz.
Cumpre salientar que o proxecto segue apostando polo fomento do coñecemento e análise sobre o mesmo de cara á súa visibilidade e aprendizaxe colectiva, por medio de diversos mecanismos e ferramentas de seguimento, avaliación e de sistematización, así como o fortalecemento da equipa técnica do proxecto.
De maneira concreta, os piares deste proxecto son:
→ Coordinación e seguimento continuado do mesmo.

→ Actualización e posta en práctica do recurso didáctico de ACPP “En busca do desenvolvemento”.
→ Intervención no eido escolar e conmemoración do Día Escolar da Nonviolencia e a Paz.
→ Formación en contextos universitarios e a voluntariado, con experiencia práctica e en terreo.
→ Xuntanzas coa base social.
→ Comunicación para a transformación social.
De novo, neste curso teremos un fío conductor simbólico da paz como o curso pasado foron as grullas e, desta volta, seran as papoulas. Iremos explicando o por que en próximas entradas!